Deportes
Áreas
O pavillón municipal de deportes dos Remedios reabrirá as súas portas logo das obras de remodelación iniciadas no mes de de novembro e financiadas pola Xunta de Galicia cun importe de 1,9 millón de euros.
O Pavillón dos Remedios atrasa unha semana a súa reapertura -inicialmente prevista para mañá mércores, 13 de xaneiro-, xa que a Xunta, promotora das obras de remodelación integral, non pode certificar a recepción prevista.
O Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o mércores, día 20 de xaneiro, unha vez rematadas as obras de remodelación integral deste equipamento municipal que se desenvolveron durante os últimos meses, por importe de 1,9 millón de euros.
A cidade prepárase para despedir o ano correndo, pero con control. A quinta edición da Carreira Popular San Silvestre, que se celebrará o vindeiro xoves 31 organizada polo Concello de Ourense coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e do Club Deportivo Aurum, limita a participación a 300 persoas, por rigorosa orde de inscrición, e celebrarase baixo as medidas que establece o protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Oito empresas optan a executar as obras de remodelación do campo municipal de hóckey de Mariñamansa. A mesa de contratación do concurso convocado polo Consello Municipal de Deportes (CMD) para adxudicar os traballos celebrou este mediodía unha xuntanza na que abriu as proposicións das 8 empresas que optan a realizar os traballos.
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha San Martiño Virtual, coa que convida aos amantes do deporte a que contribúan a manter vivo o legado da carreira popular ourensá, a máis lonxeva de Galicia, neste ano 2020, no que a carreira non se poderá levar a cabo a causa da pandemia da COVID. A actividade recabará fondos para dous proxectos solidarios de Cruz Vermella e Cáritas.
O Concello de Ourense retransmitirá, esta fin de semana, os encontros de fútbol sala e hóckey masculinos que disputan os equipos máis representativos da cidade nestas modalidades.
Os partidos emitiranse en directo a través da Canle de Vídeos Municipal -acceso a través de www.ourense.gal ou deste enlace directo- e poderán visualizarse tamén en diferido.
O Concello de Ourense iniciou esta fin de semana as retransmisións de partidos dos equipos da cidade a través da canle municipal en Youtube. A primeira das citas foi o partido que Fútbol Sala Ourense e O Esteo F.S. desputaron onte a porta pechada no Pazo dos Deportes Paco Paz.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, agradece a colaboración da veciñanza de Ourense e de todos os profesionais que fixeron posible que a chegada de La Vuelta Ciclista a Ourense fose un éxito, que proxectou a cidade ante centos de miles de espectadores a través dos medios de comunicación.
La Vuelta Ciclista a España amosará mañá, mércores, 4 de novembro, a cidade de Ourense a centos de miles de espectadores a través da retransmisión por televisión. Ourense será punto de chegada dun dos maiores eventos do deporte en España, que se segue en 190 países e reúne audiencias de case dous millóns de espectadores (no caso da etapa do pasado domingo en TVE).