O Concello de Ourense retransmitirá, esta fin de semana, os encontros de fútbol sala e hóckey masculinos que disputan os equipos máis representativos da cidade nestas modalidades.
Os partidos emitiranse en directo a través da Canle de Vídeos Municipal -acceso a través de www.ourense.gal ou deste enlace directo- e poderán visualizarse tamén en diferido.
Domingo, 22 de novembro
Pazo dos Deportes Paco Paz, xornada 5 da 2ªB Grupo 1
- 12:00 horas, Sala Ourense – O Parrulo 'Ferrol' B
Campo de hóckey de Mariñamansa, 8ª xornada da División de Honra B
- 12:00 horas, Club Hóckey Barrocás – SPV Complutense