Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o vindeiro mércores, día 20 de xaneiro, unha vez rematadas as obras de remodelación integral deste equipamento municipal que se desenvolveron durante os últimos meses, por importe de 1,9 millón de euros.

O proxecto, que tiña como finalidade acometer unha remodelación profunda, estética e funcional deste equipamento, orixinal do ano 1969, executouse a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense e foi financiado integramente pola Xunta.

O Consello Municipal de Deportes elaborou dous protocolos para a utilización desta infraestrutura municipal, que conlevan importantes novidades, tanto para as reservas como no rexistro das persoas usuarias

Reservas

Co gallo de cumprir os aforos establecidos pola normativa sanitaria en vigor as persoas que desexen utilizar as instalacións do Pavillón dos Remedios deberán efectuar unha reserva previa, a través da Internet, nunha páxina vinculada ao programa de xestión de clientes do Consello Municipal de Deportes. Para reservar, hai que ser aboado/a. 

Abonos

Para os abonos, o Consello Municipal recomenda realizar os trámites de forma telemática, aínda que se algunha persoa o precisa, pode dirixirse ás súas oficinas na Avenida Pardo de Cela, número 2, en horario de atención ao público.

Para darse de alta como abonado é preciso rexistrarse telematicamente nesta ligazón:

Rexistro de persoas usuarias do Pavillón

Unha vez na plataforma, hai que indicar o tipo de abono que se desexa adquirir e realizar o pago. A tarxeta poderase recoller no pavillón.

As persoas que teñan meses pendentes por consumir do abono do ano 2020, poderán utilizalos comunicándollo ao Consello Municipal de Deportes, a través dun correo electrónico, e recibirán as indicacións para rexistrarse no novo sistema. As que tiveron abono nalgún momento, aínda que non estivese activo no momento da declaración do Estado de Alarma, deberán chamar por teléfono ao Pavillón e indicar un correo electrónico ao que se lles enviará un enlace para acceder ao sistema

Todas as persoas interesadas poden consultar os protocolos completos aquí: