Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Federacións, clubs e entidades deportivas poderán solicitar desde o sábado, día 29 de maio as subvencións en materia deportiva que outorgará este ano o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O Boletín Oficial da Provincia do 28.05.2021 publica as bases e o extracto da convocatoria, co que se abre o prazo para presentar as solicitudes.

A convocatoria conta cun orzamento de 600.000 euros, en 2 liñas. A liña 1, dotada con 100.000 euros, está dirixida á organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia deportiva que contribúan á promoción deportiva, e que se desenvolvan desde o 1 de novembro de 2020 até o 31 de outubro de 20921. As solicitudes poderán presentarse até o día 31 de outubro.

A segunda liña, dotada con 500.000 euros dará apoio aos gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións ou actividades federadas de carácter oficial na tempada 2020-21. Neste caso, o prazo para solicitalas é 30 días naturais.

Con esta convocatoria, o Consello Municipal de Deportes dálle continuidade a estas liñas de subvencións que cada ano dan apoio á actividade deportiva de federacións, clubs e entidades deportiva. As principais novidades da convocatoria deste ano son:

- Increméntase a valoración da formación dos técnicos deportivos, de maneira que se valorará máis a formación co obxectivo de aumentar a calidade nas actividades.

- Introdúcense, entre as actividades de promoción, as telemáticas en época de confinamento, xa que lles serviron de grande axuda aos nosos deportistas tanto para manter a forma como a saúde.

- Inclúese a valoración de gastos derivados da adquisición e contratación de servizos de limpeza e desinfección para previr contaxios, tanto nos adestramentos como nas competicións.

Presentación das solicitudes, xunto coa documentación que se xunta, dirixiránselle ao presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática conforme cos modelos ou anexos recollidos nas bases reguladoras a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes na Sede electrónica do CMD

DOCUMENTACIÓN