Educación
Áreas
A través da Aula da Natureza do Río Miño a Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbán, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental e do seu contorno.
Outro dos seus obxectivos imprescindibles é a creación dunha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que hai que realizar permanentemente para acadar un maior equilibrio ambiental cada día.
A educación ambiental concíbese coma un proceso permanente no que os individuos e a colectividade cobran consciencia do seu medio e adquiren os coñecementos, valores, competencias, experiencia e vontade capaces de facelos actuar para resolver os problemas actuais e futuros do medio ambiente.
Esta definición oficial ben pode servir de punto de partida para explicar o que Concello de Ourense pretende conseguir coa creación da Aula da Natureza: a intervención da xente na resolución dos problemas ambientais.
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Teléfono: 988.51.07.81
Para obter máis información sobre a Aula da Natureza recoméndase visitar a Web da Concellería de Educación