A Concellería de Educación vén de presentar a súa oferta de Actividades de Conciliación da vida laboral e familiar para este Nadal. Unha oferta que abrangue un segmento de idade comprendido entre os 4 e os 12 anos, e co que se traballará fundamentalmente es aspectos relacionados cos valores: “Educación ambiental, para falar da seca ou dos incendios, educación para a saúde, educación viaria, educación moral e para a paz...” serán os eixos fundamentais deste programa, dixo a concelleira de Educación, Belén Iglesias.
No tocante ás bibliotecas, tentarase que os cativos coñezan os espazos públicos e se animen a coñecer o mundo da lectura a través dos contos e da imaxinación. “Todas as actividades realizaranse a través do xogo”, sinalaba a responsable destes espazos municipais, Isabel Rodríguez.
- Bibliotecas Municipais
- San Francisco, A Ponte, Carballeira.
- Para cativos /as de 4 a 10 anos.
- De 11 a 13 horas
- Lugar de inscrición: nas propias Bibliotecas
- Punto de lectura de O Couto
- Para cativos / as de 4 a 10 anos.
- De 10 a 13:30 horas.
- Lugar de inscrición: Concellería de Educación
- Aula da Natureza do Río Miño
- Dirixido á cativada de 6 a 12 anos
- De 10 a 13 horas e de 16:30 a 19 horas.
- Lugar de inscrición: Concellería de Educación.