Logo de examinar as 169 propostas presentadas polos distintos centros escolares da cidade, o xurado decidiu por unanimidade premiar a de Yeremi Javier Pintos por ser un traballo orixinal, de composición equilibrada, por manter a harmonía utilizando diferentes materiais e técnicas.
Levará un premio individual -un lote de libros valorado en 100 euros- e a impresión do debuxo na postal de Nadal coa que o Concello de Ourense felicitará as festas. Ademais, a súa aula gaña de un lote de material didáctico valorado en 200 euros.
Debido á alta calidade dos traballos presentados por algúns centros escolares, o xurado recoñeceu cun accesit o traballo de Triana Bobadilla Pérez, de 1º de Educación Primaria do CPR La Purísima. O agasallo consistirá nun lote de libros para a aula e para a nena.