Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación levará o programa Encontros co autor, unha iniciativa didáctica para o fomento da lectura entre a rapazada, a 25 colexios da cidade. En total, serán 952 os alumnos/as de 5º curso de Primaria (10 anos) os que participen na actividade, coa axuda de 45 docentes. O libro escollido este ano é Plan de rescate, de Antía Yáñez (ed. Xerais).

Os exemplares entregáronselles aos centros escolares inscritos nesta actividade antes do Nadal, un exemplar para cada neno/a, xusto a tempo para realizar actividades na aula ao redor do libro.

A segunda parte da actividade será o encontro co autor propiamente dito. Así, será a mesma Antía Yáñez a que visitará os centros escolares os días 15, 19, 22, 27, e 29 de xaneiro e 2, 5, 10 e 12 de febreiro.

A diferencia dos anteriores, este curso a autora moverase polos distintos centros, como marcan as normas sanitarias, evitando así mesturar o alumnado.

'Plan de rescate', de Antía Yáñez (ed. Xerais)

Ilustrado por Xiana Teimoy, Plan de rescate gañou o III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020. Conta as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballan na aula de apoio da súa escola. Oen un estrondo, e a profesora, Xoana, desaparece cando que vai comprobar que pasou. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra?

É unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e até un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor.