Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense iniciou esta mañá na biblioteca municipal da Ponte o ciclo de contacontos que organiza este verán en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.Ao longo das próximas semanas, as bibliotecas municipais recibirán artistas e compañías ourensás como Sabela Gago, A Run Run, Iván Davila, Sarabela ou Trécola, que representarán os seus espectáculos coa finalidade de achegar á lectura e ás artes escénicas á rapazada ourensá.

Nesta primeira cita, máis de vinte nenas e nenos tiveron a oportunidade de desfrutar co espectáculo “O señor do castelo”, a cargo de Sabela Gago, primeira cita dun ciclo que continuará o día 21 en san Francisco, coa representación de “Sen medo”, a cargo de Trécola Teatro.
O aforo é limitado e os nenos e as nenas deberán inscribirse previamente nas propias bibliotecas ou por teléfono, e respectar todas as medidas de prevención da COVID. Serán en total 9 actuacións:

  • Biblioteca pública municipal A Ponte:
    Praza Mestre Luis Fernández s/n - 988605751
    9 de xullo, 11:00h, “O señor do castelo”, por Sabela Gago
    9 de agosto, 11:00h “Díxoo Thais e non se fale máis”, con A Run Run
    26 de agosto, 11:45h “Contos na lareira”, por Iván Davila
  • Biblioteca pública municipal A Carballeira
    Praza Sagrado Corazón s/n - 988253893
    6 de agosto, 11:00h, “Aquelando as nosas letras con Xela”, A Run Run
    20 de agosto, 11:00H “Isto non é unha caixa”, por Sarabela Teatro
    31 de agosto, ás 11:00h, “Avoas”, con A Run Run.
  • Biblioteca pública municipal San Francisco:
    Explanada de San Francisco s/n - 988230124
    21 de xullo, 11:00h, “Sen medo”, por Trécola Teatro
    28 de xullo, 11:00h, “Avoas”, con A Run Run
    23 de agosto, 11:00h “Noa no espello”, por Sarabela Teatro.

As tres bibliotecas do Concello funcionan actualmente segundo a normativa COVID, cun horario de atención ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.