Educación
Áreas
Mil nenas e nenos da cidade participaron nos campamentos que organizou durante este verán a Concellería de Educación do Concello de Ourense en 13 centros educativos da cidade. A concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez, visitou esta mañá un dos centros, o CEIP Amadeo Barroso, na xornada en que remata este programa municipal.
As bibliotecas municipais dos barrios da Ponte, A Carballeira e San Francisco acollerán durante os meses de agosto e setembro sesións de contacontos, dirixidos á cativada, organizados dentro do programa “Ler conta moito” que desenvolve a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello.
O Concello de Ourense e o centro asociado da UNED na cidade asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de prácticas profesionais.
A Universidade Popular do Concello de Ourense pecha un ano atípico con 2.593 matrículas, un excelente dato de participación dadas as extraordinarias circunstancias deste ano 2020.
Mil escolares de Infantil e Primaria participan nos campamentos de verán que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense nos colexios da cidade.