Educación
Áreas
O obxectivo da Escola de idiomas do Concello é ofrecerlle ós cidadáns a posibilidade de iniciar ou perfeccionar os seus coñecementos nunha das linguas que se ofertan nos distintos obradoiros, así como nos cursos de inglés; potenciar a valoración da cultura propia a partir do coñecemento de outras culturas e o contraste entre elas.
Os impresos se poderán recoller na Concellería de Educación (Praza San Martiño nº 2, 1º) ou na oficina de atención o cidadá.
Cursos de duración coincidente co ano escolar.
Para ter dereito a unha praza nos cursos de duración coincidentes co ano escolar nas distintas escolas municipais, os interesados deberan acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.
Concellería de Educación, Praza de San Martiño nº2 - 1º, 32005 Ourense.
Teléfono: 988 388 136.
Fax: 988 388 159
Para obter máis información sobre a Escola Municipal de Idiomas recoméndase visitar a Web da Concellería de Educación