Educación
Escola Municipal de Música
A Escolas de Música teñen como finalidade xeral ofrecer unha formación práctica en música, dirixidas a afeccionados de calquera idade, sen prexuízo da súa función de orientacióna estudos profesionais para todo aquel que teña vocación e aptitude.
- Obxectivos
- Fomentar a educación musical e a práctica musical.
- Proporcionar unha experiencia musical globalizada que permita descubrir as potencialidades musicais do alumno posibilitándolle a expresión musical a través da elección do instrumento.
- Educar o oído de forma melódica e harmónica, como base para desenvolver as súas propias ideas.
- Fomentar a participación activa do alumnado a nivel grupal.
- Desenvolver a sensibilidade estético-musical.
- Aproveitar a capacidade intuitiva do alumnado, a súa habilidade e predisposición especial ante as novas tecnoloxías para introducilo nas ferramentas que a informática proporciona para desenvolver as diferentes capacidades musicais.
- Aprender a utilizar a voz como elemento expresivo.
Especialidades
- Piano
- Frauta traveseira
- Frauta de pico
- Clarinete
- Saxofón
- Violín
- Guitarra clásica
- Guitarra eléctrica
- Percusión
Horario
As clases se impartirán de tarde en horario de 15:30 a 22:00 horas, de luns a venres.
Tamén habería posibilidade de mañás (a convir co profesor).
Máis información
Para obter máis información sobre a Aula de Música recoméndase visitar a Web da Concellería de Educación