Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Xuntanza do xurado do premio

O xurado do XV Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades recaeu nas profesionais dos servizos de axuda no fogar (SAF), ao entender o xurado que reflicten dun xeito singular os traballos de coidados. “Se algo puxo especialmente en evidencia durante o confinamento imposto despois da declaración do estado de alarma”, recolle a acta, “foi precisamente a crise dos coidados e a necesidade urxente de situalos no centro das políticas públicas”.

O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.

Cartel Coeduca

O Concello de Ourense abre o prazo para anotarse no programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, e que se desenvolverá do 23 de decembro ao 7 de xaneiro de 2021 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello de Ourense sumouse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, polas asasinadas e polas supervivintes. Logo do minuto de silencio, foi o concelleiro de Política Social, Telmo Ucha, o encargado de ler a declaración institucional consensuada pola FEMP para a ocasión.

Podes acceder ao manifesto aquí [PDF]

Comunícaselle á cidadanía que, por responsabilidade institucional e tendo en conta a situación derivada da covid-19 pola que estamos a atravesar, este ano non se levarán a cabo actividades conmemorativas o 25 de Novembro, con motivo do Día Internacinal para a eliminación da violencia exercida contra as mulleres, no entorno comunitario para evitar exposicións innecesarias a risco de infección.

Cartel da actividade

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense ofrece un servizo de conciliación para a tempada estival, cunha programación de actividades deseñada para favorecer un lecer igualitario e a convivencia coa diversidade da poboación infantil. Está dirixido a familias con nenas e nenos de entre os 6 e os 12 anos. Hai 12 prazas, que se adxudicarán por orde de presentación das solicitudes, na Concellería de Igualdade, na rúa do Ensino, 24, teléfono 988 393191, desde o mércores, 1 de xullo (de 9:00 a 12:00 h).

Lectura do manifesto

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella deu lectura esta mañá no salón de plenos do Concello ao manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) pola celebración, o día 18 de xuño, do Día do Orgullo LGTBI. Ao acto asistiron representantes da corporación municipal.

DOCUMENTACIÓN

Xurado do premio Clara Campoamor

O xurado da edición número 14 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlles o premio a María Antonia Rilo Veiga e á Rede Galega contra a Trata.

Portada do libro

A Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Ourense presenta a campaña En Ourense sementamos igualdade, unha acción de concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.

Cartel da actividade

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información Municipal para a Muller (CIMM), organiza este mércores, 15 de xaneiro, o obradoiro 'Igual a nós”, unha actividade gratuíta e aberta que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres a través da promoción e sensibilización na educación en igualdade e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade quérese tamén sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros, especialmente a través do uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación. A idea é a de “fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.