Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.

O concelleiro de Igualdade, Armando Ojea, mantivo unha xuntanza co equipo da Concellería para avanzar na organización do certame, e adaptalo á realidade actual. Así, decidiuse manter esta edición e convocar, nos próximos días, a xuntanza do xurado, que este ano será telemática, para outorgar o premio desta edición, que fará a número 15 do certame.