Igualdade
Áreas
O proxecto XÉNERO VERSOS baséase no convencemento de que a música, en este caso concreto o RAP é unha canle de comunicación moi adecuado. O obxectivo e impulso que moveu este proxecto foi o de poñer os coñecementos pedagóxicos e musicais en mans do alumnado do 2º curso do Ciclo de Animación Socio cultural e Turística do CIFP PORTOVELLO para que eles mesmos compuxesen a letra, a música e finalmente gravar unha canción de rap na que puidesen expresar as súas opinións acerca dun tema tan importante como de actualidade, o inquietante aumento da violencia de xénero.
Baixo o noso punto de vista é un programa que funcionou por varios motivos, por unha banda provocou a súa reflexión como grupo.
Porque en xeral unha porcentaxe moi alta do alumnado recoñece escoitar música todos ou case todos os días. De tal maneira, que traballar na aula con música é a mellor forma de motivar e estimular ao alumnado, xa que unha canción implica sempre:
O proxecto constou de 7 fases e dentro desas fases en cada unha dos mesmas se levaron a cabo 10 sesións presenciais durante o horario escolar.