Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense desenvolverá un proxecto de embelecemento de medianeiras de edificios nos barrios da cidade, a través de intervencións artísticas que doten dun atractivo engadido a estas contornas aproveitando as superficies dos laterais de edificios, nos que artistas locais terán a oportunidade de amosar a súa creatividade cos seus graffitis.

A Concellería de Infraestruturas realizará esta semana diversas obras de mellora do pavimento en rúas próximas ao río Barbaña. Estas actuacións de reposición de firme levaranse a cabo entre o mércores, día 9, e o venres, día 11.

Fachada do Concello

O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno unha proposta de modificación dos orzamentos do Concello para 2021, por importe de 62.601.389,04 euros, que ten como finalidade mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade.

A escultura da vaca Popi, xunto coa bancada, que ocupa a zona central da praza Paz Nóvoa serán enviadas de novo ao taller de Leandro Sánchez, para a súa restauración.

O muro presenta na actualidade parte do seu alzado derruído, supondo un compromiso para a seguridade do camiño. Existe un tramo do mesmo sostido por un muro de formigón, de irregular execución, duns 23 m. de lonxitude e de espesor e altura variables.

O Concello de Ourense aprobou, en sesión plenaria do 7 de maio, apoiar unha declaración institucional en favor do proxecto de construción dunha estación que centralice o transporte de mercadorías ferroviarias no polígono de San Cibrao.

A rúa Lamas Carvajal permanecerá pechada ao tráfico dende o mércores, 12 de maio, para proceder á renovación do pavimento danado nesa zona.

O Concello de Ourense iniciará o vindeiro luns, día 10 de maio, obras de adecuación do acceso norte aos hortos e ao Parque de Montealegre, desde a rúa do Carrabouxo, cun investimento de 31.861,85€, e un prazo de execución de 4 semanas.

O goberno municipal do Concello de Ourense proporalle ao Pleno do Concello unha declaración de apoio ao proxecto de construción dunha estación que centralice o transporte de mercadorías en San Cibrao, que impulsa a asociación de empresarios deste polígono industrial.

Pasarela de San Francisco

Con motivo das probas que se están realizando co tren laboratorio do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) dentro das actuacións do acceso da alta velocidade a Ourense, o vindeiro martes, 13 de abril, a pasarela peonil que cruza sobre as vías á altura da Estación de San Francisco -e que conecta as rúas da Serra Martiñá e de Pena Trevinca- permanecerá pechada entre as 8:00 e as 20:00 horas por motivos de seguridade.

Pregámoslle á cidadanía que desculpe as molestias ocasionadas e realice o traxecto por itinerarios alternativos, ben a través do parque das Zapatillas o a través da rúa de Ramón Puga.