O Concello de Ourense, dende a Concellería de Infraestruturas promove a execución da obra de rehabilitación de pavimento na rúa Pena Nofre, cuxo orzamento é de 18.123,62 €. A actuación consistirá na reposición do firme existente mediante a colocación de empedrado de granito nunha superficie aproximada duns 234 m² e a reposición da sinalización horizontal.
O comezo da obra está previsto para pasado mañá, xoves 19 de novembro e a duración dos traballos será de aproximadamente dúas semanas.
Mentres duren as obras pecharase ao tráfico a entrada da rúa dende a estrada da Granxa (OU-101), e a rúa Pena Nofre pasará a ser bidireccional no tramo comprendido entre a rúa Monte Penamá e a zona dos traballos.