Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará, o próximo luns, 30 de novembro, obras de mellora e rehabilitación de firme en rúas dos barrios de San Francisco e A Carballeira. Por unha banda, as actuacións na intersección da rúa Arrieiros coa rúa Serra Martiñá e da rúa da Calada, no barrio de San Francisco, cuxo orzamento é de 16.648,77 euros, consistirán na reposición do firme existente con mesturas bituminosas en quente sobre unha superficie aproximada de uns 1.152 m². Executaranse entre os días 30 de novembro e 1 de decembro, e nos días vindeiros procederase ao levantado de tapas de pozos e arquetas e á reposición da sinalización horizontal.

Ademais, o luns 30 de novembro comezarán tamén as obras de mellora e rehabilitación de firme nas rúas Corredores e Pombas, no barrio da Carballeira, cuxo orzamento é de 18.134,03 euros. Ao igual que no caso anterior, reporase o firme existente con mesturas bituminosas en quente, sobre unha superficie aproximada de 1.459 m². Logo do asfaltado levantaranse as tapas de pozos e arquetas existentes e reporase a sinalización horizontal.

Mentres duren as obras será necesario pechar diferentes tramos ao tráfico e suprimir os aparcamentos, polo que o Concello de Ourense prega comprensión e rógalle á veciñanza que desculpe as molestias que lles poidan ocasionar a execución destes traballos.