Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense iniciará o vindeiro luns, día 10 de maio, obras de adecuación do acceso norte aos hortos e ao Parque de Montealegre, desde a rúa do Carrabouxo, cun investimento de 31.861,85€, e un prazo de execución de 4 semanas.

A actuación prevé regularizar a rasante deste acceso cun acabado en formigón e unha celosía de céspede nos tramos destinados a estacionamento puntual de vehículos, pensados para as persoas usuarias dos hortos que precisen subir abono ou ferramentas de traballo. A solución material pretende integrarse no ámbito a través de sistemas de pavimentación verde (celosías) reservando as superficies formigonadas para os trazados de tránsito.

O Concello de Ourense realiza tamén desde esta semana traballos de acondicionamento do acceso peonil Sur ao parque, no coñecido como Camiño dos Frades Franciscanos, que vai desde a estrada de Santa Mariña até os hortos municipais de Montealegre. As obras consisten basicamente en pavimentar este camiño de titularidade municipal, actualmente de terra, con formigón e adoquín, coa mesma finalidade de mellorar a accesibilidade á zona, tanto ao parque como aos hortos municipais.