Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Convenio Ponte Vella

O Concello de Ourense acolleu este martes a sinatura do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para executar a 2ª fase do Proxecto de Posta en Valor da Ponte Vella, unha actuación que converterá este espazo nunha referencia para cidadáns e turistas.

Foto logo Móvete por Ourense

“É un modelo de convivencia grazas ao que toda a cidadanía vai saír reforzada; un programa con vontade e valentía e no que toda a cidadanía conta, e suma”, afirma o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Preme AQUÍ para descargar a documentación.

Cortes de rúas

Con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, desde o día 16 ao 22 de setembro estará prohibido aparcar (aínda que si poderán circular os vehiculos) na rúa Concordia e no primeiro tramo da Avenida de Buenos Aires (o que vai desde a Praza das Mercedes ata a rúa Valle Inclán).

Peonalización

A cidade de Ourense gañará novos espazos peonís para a veciñanza na contorna do Parque de San Lazaro desde o domingo, 16 de setembro, coa peatonalización, con carácter definitivo, das rúas Xaquín Lorenzo e o primero tramo de Cardenal Quevedo, entre o Parque e a Avenida da Habana. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. A peatonalización destas dúas rúas é unha das medidas acordadas no marco do plan participativo para a mellora da mobilidade na cidade “Móvete por Ourense”, no que participaron máis de 10.000 ourensáns que achegaron propostas para mellorar a mobilidade na cidade, tanto en materia de seguridade como de accesibilidade, eficiencia e calidade ambiental.

Comisión Móvete por Ourense

A comisión técnica do proceso participativo 'Móvete por Ourense', integrada por representantes dos partidos políticos con representación municipal -a excepción de DO-, técnicos municipais e a consultora de Urbanismo Urba+, celebrou esta mañá a súa última reunión para incluír as achegas ao Plan Integral de Accións -que se engaden ao plan de 21 accións decididas na última xuntanza- e a cronoloxía das mesmas. O proceso, que contou coa implicación de máis de 10.000 persoas, supera unha nova etapa e camiña cara a aprobación dun pacto municipal pola mobilidade.

Xunta de Goberno Local

O novo contrato de subministración eléctrica do Concello de Ourense, adxudicado mediante procedemento aberto ás ofertas económicas máis vantaxosas e que cumprían cos criterios definidos dos pregos de condicións, suporá un aforro anual de máis de 800.000 euros para as arcas municipais. “

Fachada do Concello.

A Concellería de Infraestruturas está a estudar a execución de melloras e obras en colectores de saneamento de determinados puntos da cidade, tras as precipitacións extraordinarias caídas en Ourense nas treboadas das dúas últimas semanas, nas que se produciron precipitacións dunha intensidade superior ós 10 litros por metro cadrado en dez minutos.

Reunión da Comisión de Mobilidade.

Así o avalan as 6.060 enquisas realizadas, as reunións cos colectivos cidadáns e as conclusións das reunións do grupo motor do proceso de participación Móvete por Ourense. A comisión técnica, formada por grupos políticos e técnicos de diferentes concellerías, reuniuse hoxe para avaliar os resultados das enquisas. A empresa encargada da auditoría presentará este mes as conclusións do proceso para fixar unha folla de ruta que inclúa accións concretas no tempo.

Concello de Ourense

Ourense mellora paseos peonis e zonas verdes dos ríos Barbaña e Barbañica cun obradoiro de emprego cofinanciado por Concello e Xunta

Preesntación do proxecto

A Alameda do Cruceiro será obxecto da próxima actuación do plan de investimentos municipal. O día 5 de febreiro comezarán as obras de remodelación do parque infantil, unha actuación longamente demandada polo movemento veciñal, e que veñen de ser adxudicadas por un importe de 460.000 euros por parte do Concello.