Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

A cidade de Ourense recibiu o premio Vasoira de Platino 2020, que se lle concede ás cidades que apoian, premian e difunden o bo saber facer da xestión dos residuos e o aseo urbano, así como pola elaboración de proxectos e polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible do medio ambiente.

O galardón, entregado pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio (Ategrus) no marco da 20ª edición da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente que se celebra en Madrid do 8 ao do 10 de xuño, concédeselle á cidade de Ourense como resultado da avaliación do conxunto dos servizos, a frecuencia e os medios humanos e materiais dispoñibles. Ademais de premiar os esforzos na mellora da calidade de vida da cidadanía e o fomento da sustentabilidade, a concesionaria da limpeza, Ecourense UTE, achegou na convocatoria dos premios un proxecto dun servizo novo e innovador para mellorar a calidade do conxunto dos servizos prestados. Neste caso, o proxecto foi o denominado “Limpeza Intensiva de Barrios”.

O certame celébrase desde 1987, cando foi convocado pola UE no Ano Europeo do Medio Ambiente. Ourense recibiu este premio por vez primeira no ano 2004 (Vasoira de prata), e despois en 2006 (Vasoira de Ouro), circunstancia que lle permitiu participar na categoría de Vasoira de Platino.

Os premios da decimo sétima edición non puideron entregarse nas súas datas correspondentes polas restricións da pandemia, polo que o acto terá lugar o vindeiro xoves 10 de xuño ás 18:00 horas a través da plataforma MEET, de forma virtual, onde se lerá a acta do xurado.

O premio, Vasoira de Prata, Ouro e Platino, materialízase na concesión dun trofeo e a certificación, mediante acta do premio. O trofeo físico recibirase nas vindeiras datas por mensaxería.