Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O proxecto GeoAtlantic constatou que a cidade de Ourense conta cun grande potencial en materia de xeotermia. Para Gonzalo Pérez Jácome “o proxecto constatou que a nosa cidade, Ourense, mostra un gran potencial en materia de enerxías renovables e en particular do uso da xeotermia para usos calefactados ou de refrixeración de vivendas e empresas”, sinalou esta mañá na apertura dunha xornada divulgativa sobre este proxecto internacional de promoción da xeotermia como fonte de enerxía.

O Concello de Ourense e a Asociación de comerciantes da Praza de Abastos colaboran no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre o aceite usado nos fogares, un material que ao marchar polo desaugadoiro pode provocar problemas de cheiros e avarías como custos de xestión nas depuradoras pola necesidade de tratamentos específicos.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza celebrada na mañá de onte o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas da cidade. A el destinará unha achega de case 1,9 millóns de euros anuais, coa finalidade de acadar unha importante mellora do servizo, que incorporará 12 persoas e dúas brigadas de intervención rápida.

O Concello de Ourense construirá no barrio da Ponte o parque público urbano máis grande da cidade, dotado con piscinas, zonas deportivas e espazos de lecer para persoas de todas as idades. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro Telmo Ucha e o arquitecto Luis Pérez de Juan presentaron esta mañá no Concello o anteproxecto das obras, que o Concello prevé licitar o próximo mes de xaneiro.

O Concello de Ourense está a colocar, nas zonas verdes da cidade, un total de 13.500 exemplares de plantas de inverno coincidindo co cambio de estación.

O Concello de Ourense rematou, coa limpeza da estatua de El Ángel Caído -de Francisco Asorey, 1951- no parque de San Lázaro, o seu plan de limpeza Cultura na rúa para as obras culturais da cidade.

O Concello de Ourense encargará a realización dun estudo sobre o estado da masa arbórea dos parques máis concorridos da cidade para garantir a súa total seguridade. O alcalde anunciou esta medida logo de ter coñecemento, esta mañá, da caída dun tileiro no Parque de San Lázaro.

A Xunta de Galicia e o Concello de Ourense colaborarán na limpeza de máis de 15.000 parcelas rurais de Ourense en risco de incendio.

O Concello de Ourense iniciou o plan de limpeza das obras culturais das rúas de Ourense.

O Concello e o Colexio de Arquitectos colaborarán nun concurso de ideas para as marxes do río Miño.