Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense está a colocar, nas zonas verdes da cidade, un total de 13.500 exemplares de plantas de inverno coincidindo co cambio de estación. O descenso da temperatura ambiente, co inicio das xeadas, obriga a retirar as plantas de verán e incluír flor de tempada para mellorar a estética de parques, glorietas e outras superficies verdes.

Con este cambio, o departamento de Medio Ambiente emprega cores e especies diferentes entre verán e inverno, afastando a sensación de xardíns monótonos que persisten inmutables durante todo o ano. As especies escollidas son as Viola Cornuta e as Cyclamen.

Violas ou 'pensamentos'. Popularmente coñecidas como “pensamentos”, pertencen á tempada de outono e inverno, e achegan cor aos xardíns. É habitual velas en xardineiras e plantadas creando fermosos macizos ou xardíns con céspede e flores en xardíns e rotondas, obtendo resultados moi espectaculares. A súa cobertura natural, ademais, logra que non prosperen as malas herbas.

Cyclamen. Trátase dunha planta de tubérculo moi popular debido á súa floración invernal, calidade que mantén mesmo nos meses máis fríos. É un xénero incluído nas plantas perennes e poden enraizar en toda a superficie ou só na base. As súas follas son carnosas, de cor verde e verdes ou púrpuras polo envés.