Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense e a Asociación de comerciantes da Praza de Abastos colaboran no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre o aceite usado nos fogares, un material que ao marchar polo desaugadoiro pode provocar problemas de cheiros e avarías como custos de xestión nas depuradoras pola necesidade de tratamentos específicos.

Como primeiro acto da campaña, técnicos municipais de Medio Ambiente achegáronse á Praza de Abastos nº1 para, xunto coa xerencia do centro, repartir funís e mandís entre os comerciantes. Serán estes os encargados de repartilos, á súa vez, entre os clientes que desexen reciclar o aceite doméstico.

Neste sentido, desde o Concello de Ourense lémbrase que a cidade conta cun servizo gratuíto de recollida de aceite usado con ata 93 puntos de recollida de aceite usado, e fai un chamamento ao seu uso polo ben e a saúde de todos.

1.000 litros de auga

Ademais do alto perigo que pode xerar esta substancia na natureza, un simple litro de aceite pode contaminar ata 1.000 litros de auga, segundo lembran os expertos europeos.

Cando reciclamos este material non só protexemos a nosa vivenda de avarías, senón que protexemos o medio natural en que convivimos e ademais creamos emprego: o aceite ten un segundo uso en procesos de cosmética (xabóns) ou de enerxía para o transporte (biodiésel).