Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O proxecto GeoAtlantic constatou que a cidade de Ourense conta cun grande potencial en materia de xeotermia. Para Gonzalo Pérez Jácome “o proxecto constatou que a nosa cidade, Ourense, mostra un gran potencial en materia de enerxías renovables e en particular do uso da xeotermia para usos calefactados ou de refrixeración de vivendas e empresas”, sinalou esta mañá na apertura dunha xornada divulgativa sobre este proxecto internacional de promoción da xeotermia como fonte de enerxía.

Liderado desde Ourense, Geoatlantica naceu cun obxectivo principal: dar a coñecer o potencial da xeotermia no espazo dos cinco países participantes, centrándose en dous piares, a difusión dos beneficios que ten a xeotermia como fonte de enerxía e o desenvolvemento da tecnoloxía que permita un maior aproveitamento da mesma.

No apartado de difusión, cumpre sinalar que o coñecemento deste proxecto chegou a máis de 100.000 persoas, realizáronse máis de 30 eventos públicos ao longo de cinco países e oito territorios, informando e formando a cidadanía en xeral así como a profesionais vencellados ao sector e que son chave para o desenvolvemento da xeotermia.

Estas accións permitiron constatar que “o sector conta con tecnoloxía avanzada, á vez que fiable e segura para o uso da xeotermia en todos os ámbitos construtivos e empresariais de Europa”, segundo o alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

Vídeo da presentación [VID]