Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O parque infantil con xogos de auga da Alameda do Cruceiro entra en servizo o venres 25 de xuño, para a temporada de verán.

A instalación estará aberta todos os días, incluídos as fins de semana e festivos, de 16:30 a 21:00 horas, até o 19 de setembro. A capacidade do recinto é de 50 persoas e realizaranse quendas de media hora no caso de que haxa persoas agardando.

Actualmente, e de acordo coa normativa sanitaria vixente, é obrigatorio usar máscara, condicionado ao que determinen as autoridades sanitarias. Tamén é obrigatorio manter a distancia de seguridade e está prohibido comer e beber no interior da zona delimitada. No caso de climatoloxía adversa, a instalación manteríase pechada ao público.