Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Presentación do programa con Ecovidrio

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro que se encarga da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España e o Concello de Ourense, coa colaboración de Ecourense, porán en marcha a partir do próximo martes día 20, un servizo de recolleita porta a porta de envases de vidro. Terá como destinatarios aos locais de hostalaría presentes na zona centro e centro histórico da cidade das Burgas.

Composteiro

O Concello de Ourense quere promover a reciclaxe dos residuos orgánicos xerados nos fogares da cidade a través da campañaCompostaxe: toda unha vantaxe, realizada en colaboración con Sogama. O obxectivo desta acción, desenvolvida pola área de Limpeza e Xestión de Residuos, é a de reducir o volume global dos residuos producidos no fogar mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe e obter así un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo.

Pleno do Concello de Ourense

O grupo de traballo formado polos catro grupos políticos con representación no Concello para atoparlle solución aos contedores soterrados clausurados polo seu mal estado mantivo esta mañá unha nova reunión, a cuarta, coas empresas auditora e de certificación de seguridade coa fin de analizar os custes da solución adoptada por consenso: a da posta a punto das 75 estacións de recollida selectiva de lixo na cidade.

Sorteo dos hortos municipais

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá o sorteo público dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa. Un total de 33 veciños e veciñas da cidade obtiveron así a autorización para utilizar estes hortos durante un período de 2 anos. A adxudicación é resultado dun procedemento aberto convocado polo Concello este verán, no que tiveron a oportunidade de presentar solicitudes todas as persoas que quixeron, cun límite de autorización dun horto por unidade familiar.

Foto horta urbana

O sorteo público celebrarase o día 21 novembro do 2016, ás 11:00 h no salón de Plenos, en base o artigo 11 das Bases Reguladoras do procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais no parque de Montealegre e en Mariñamansa. Neste acto elixiranse os hortos por orde do sorteo, polo tanto é necesario asistir ao acto ou estar debidamente representado.

Foto horta urbana

Vistas as Bases Reguladoras do procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais no parque de Montealegre e en Mariñamansa, procédese a comunicar os nomes dos admitidos para a utilización dos hortos e dos excluídos e os motivos polos que quedaron fora. 

A través do uso dos hortos municipais o Concello pretende fomentar accións que repercutan no benestar das persoas, mediante a ocupación de ocio, a mellora da sanidade alimentaria e a protección do medio ambiente.

Reduce o consumo de auga. Consume a enerxía precisa, non a malgastes. Non utilices os electrodomésticos a media carga e cando os adquiras, elixe os máis eficientes. Reduce a produción de residuos, facilita a súa reutilización...