Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Vista de Ourense.

As rozas nos accesos ás localidades do perímetro urbano, a prioridade das brigadas municipais. Nos traballos de roza están a participar unha brigada municipal, así coma outras dúas e dous tractores da concesionaria de Limpeza Ecourense UTE. Desde este mes, as limpezas centraranse nos solares municipais situados dentro da cidade. As actuacións estanse a realizar seguindo un plan que aposta por optimizar os recursos e por atender as zonas onde a vexetación é de maior tamaño e onde existe maior perigo de incendio.

Alcantarilla.

O Concello de Ourense ten en marcha un plan de choque para a desratización e desinsectación nos parques e zonas públicas da cidade. Esta campaña intensiva púxose en marcha no mes de xullo, coincidindo coa chegada das vacacións estivais e o aumento de usuarios destas contornas públicas, tal e como sinala a Concellería de Medio Ambiente. Xa a pasada semana, a Alcaldía instoulle á empresa encargada do control de pragas, a través da Concellería de Medio Ambiente, a traballar de forma intensa e exhaustiva para proceder ao saneamento dos sumidoiros e puntos sensibles para a aparición de ratas ou cascudas, coma os contedores de lixo.

Semana do Medio Ambiente 2018

Como cada ano o Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño. Realizaranse actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a población en xeral e aos mais pequenos en particular da importancia de conservar o Medio Ambiente. 

[CAMBIO DE DATAS] As precipitacións que estes están a caer en Ourense obrigan a trasladar as actividades da Semana do Medio Ambiente cara á semana seguinte. Así, o novo calendario queda como segue:

Foto panorámica de Montealegre

As actividades son gratuítas pero con prazas limitadas: haberá que anotarse no formulario do espazo web www.botanicodemontealegre.com

Cartel Día Mundial do Auga

O Concello de Ourense vén de presentar as actividades relacionadas co Día Mundial da Auga, o 22 de marzo, “un recurso esencial e básico para a vida, e un elemento inherente á cidade de Ourense”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez.”Ourense é cidade de augas, capital termal e cidade de ríos, e todo isto debe ser para nós un estímulo que nos leve a traballar arreo para ser cada vez máis ambiciosos e cada vez máis comprometidos en acadar a mellor xestión e utilización da auga”, dixo.

Foto de camelia

A segunda edición da Mostra de Camelias acaparará a atención dos visitantes ao Parque de Montealegre durante esta fin de semana, 10 e 11 de marzo. Esta especie, que vai camiño de consolidarse “coma unha das máis presentes na nosa cidade”, en palabras do concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, será a protagonista de obradoiros de poda e enxerto, de charlas e mesmo das actividades infantís. As xornadas, presentadas esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense, son de carácter aberto e gratuíto, e os obradoiros están dirixidos a un público interxeneracional a partir dos 8 anos.

Participantes na campaña

O Concello pon en marcha a campaña Adopta unha árbore para por en valor o patrimonio arbóreo da cidade

Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense oferta, para o primeiro trimestre de 2018, actividades para todos os públicos para pór en valor un dos enclaves máis singulares da cidade, o Botánico de Montealegre.

Campaña contra as cabichas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, presentaron o 26 de decembro unha nova campaña de concienciación que se leva a cabo coa empresa Ecourense, concesionaria do servizo de limpeza, na que se quere concienciar sobre os danos que provocan as cabichas no chan para o medio ambiente.

Presentación da nova fase do programa de compostaxe

Tras unha exitosa primeira fase, materializada en 65 vivendas unifamiliares por diferentes puntos da cidade, o Concello inicia, co apoio de Sogama, unha nova etapa na que busca incrementar os beneficios ambientais, económicos e sociais derivados desta iniciativa.