Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Premios da campaña Porta a Porta

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a entrega dos premios da acción encamiñada a promover a reciclaxe de vidro entre os máis de 200 locais de hostalería da zona centro e centro histórico de Ourense. O acto estivo presidido polo Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e José Araújo, Concelleiro da área de Infraestruturas e Medio Ambiente, e contou coa presenza de María Cruz Ferreira, Directora Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e de Germán Fernández, Xerente de Ecovidrio en Galicia.

Reunión de Jesús Vázquez, José Araújo e o presidente da CHMS.

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) acordaron diferentes actuacións para unha mellora integral das canles dos ríos da cidade. Así, as reunións entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, traduciranse na redacción de proxectos para a limpeza e restauración hidrolóxico – forestal, así como para a mellora da conectividade dos tramos urbanos dos ríos Miño, Barbaña, Barbañica (regato dos Muíños) e Loña, actuacións que se estenderán tamén aos regatos de Vista Hermosa, Valdorregueiro e Oira.

Horto municipal

O Concello de Ourense abre convocatoria para que as persoas interesadas podan solicitar a autorización de uso de hortos municipais. Publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns, inclúe un total de 36 hortos situados no Parque de Montealegre e Mariñamansa. O prazo para solicitalos, a través do Rexistro Xeral do Concello, está aberto ata o venres, día 7 de abril.

Horto municipal

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 10 de marzo unha nova convocatoria para optar ós hortos municipais do Parque de Montealegre e Mariñamansa. O prazo de solicitude é de 20 días dende a súa publicación.

Praza Maior de Ourense

O Concello de Ourense acometerá unha posta ao día do servizo municipal de préstamo de bicicletas. Tras case dez anos de funcionamento, o Concello pretende iniciar unha necesaria modernización deste servizo municipal, para o que revisará o estado da totalidade das unidades, pintaraas de novo, avaliará a adquisición de novas bicicletas para incrementar as unidades existentes ou substituír aquelas que acumulen un maior nivel de uso co paso do tempo, así como outras melloras que podan redundar nun maior e mellor servizo público.

Perros xogando nun parque

O Concello de Ourense creará e instalará máis parques caninos na cidade. O concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Araújo, explicou no Pleno a planificación do goberno municipal en canto á planificacdión e creación destes enclaves en diferentes barrios da cidade.

Presentación da campaña de Ecovidrio

A campaña de recollida selectiva de vidro porta a porta en locais de hostalaría, posta en marcha polo Concello e Ecovidrio coa colaboración de Ecourense, permitiu recoller máis de 56 toneladas de residuos en apenas mes e medio desde a súa posta en marcha.

Aviso do peche de parques

Logo do paso do temporal que azoutou esta fin de semana toda Galicia, o servizo de Medio Ambiente do Concello de Ourense supervisou ao longo da mañá do 6 de febreiro as incidencias producidas nos diferentes parques da cidade co obxectivo de retirar as numerosas pólas do chan e reabrir, paulatinamente, todos estes espazos.

Presentación da I Exposición Internacional da Camelia, en Ourense

Dous obradoiros prácticos complementarán a exposición de Camelias, que o Concello de Ourense organizará a primeira fin de semana de febreiro no Parque de Montealegre. Serán “Camelia en mosaico”, que se desenvolverá o sábado, 4, de 16 a 18horas e o domingo de 11 a 13h, e “Camelia en esmaltado”, que o domingo, día 5, de 11 a 14 horas.

Presentación da I Exposición Internacional da Camelia, en Ourense

O Botánico de Montealegre acollerá a fin de semana do 4 e 5 de febreiro a primeira exposición de Camelias de Ourense. Máis de 1.000 especies desta flor estarán presentes durante a próxima fin de semana e haberá obradoiros para coñecer o cultivo e coidados das camelias. O alcalde, Jesús Vázquez, puxo en valor as posibilidades turísticas desta iniciativa e manifestou o obxectivo de integrar a Ourense na ruta galega da Camelia.