Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

A Concellería de Participación Cidadá presentou o seu plan estratéxico de subvencións para o período 2021-2023.

O Concello de Ourense vén de anunciar a resolución sobre a concesión de subvencións a asociacións de veciños para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo municipal e a participación cidadá.

As subvensións, ás que se puideron adherir as asociacións de veciños do Concello de Ourense, suman un total de 11.653,63 euros que irán destinados á realización de diferentes actividades.

Cartel da convocatoria

O Concello de Ourense convoca as subvencións que darán apoio ao traballo que desenvolven as asociacións veciñais na cidade.

O Concello de Ourense aprobou a convocatoria de subvencións en especie de locais veciñais para asociacións veciñais e federacións ou agrupacións de asociacións de veciños para o ano 2020, para o que aproba un gasto de 138.000 euros.

Web de Participación Cidadá

O Concello de Ourense convoca as subvencións que darán apoio ao traballo que desenvolven as asociacións veciñais na cidade. Desde mañá, venres 30 de agosto, até o 19 de setembro, as entidades poderán presentar as súas solicitudes. As subvencións teñen por obxecto apoiar o funcionamento e a realización de programas e/ou actividades veciñais que persigan, entre outras fins, a promoción da participación cidadá dentro do termo municipal de Ourense. Poderán solicitarse para actividades lúdicas, festivas, culturais e deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, colaboración e integración entre a veciñanza.

 

Web de Participación Cidadá

O Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a selección de proxectos Formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2020.

O prazo de presentación de proxectos rematará o día 27 de agosto de 2019.

Concello de Ourense.

As asociacións de veciños da cidade impartirán 137 cursos no marco das accións formativo-participativas do Concello de Ourense. Pilates, zumba, ximnasia de mantemento ou manualidades son os máis demandados, pero hai outras alternativas coma a calceta, o corte e confección, a cociña tradicional ou o canto e pandeireta. Están destinadas a público de todas as idades, e anotarse é gratuíto: só é preciso ser socio dalgunha das máis de 50 asociacións de veciños. A área de Participación Cidadá destina 146.000 euros a este programa “co ánimo de darlle vida aos barrios, promover a interacción e os hábitos de vida saudables entre veciños”, en palabras do edil Carlos Campos.

Participación

O Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a selección de proxectos Formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2019.

O prazo de inscrición rematará o día 15 de outubro de 2018.

Praza Maior

A Oficina de Atención ao Cidadán do Concello de Ourense prestou atención, no primeiro semestre de 2018, a 11.855 persoas que se dirixiron a este departamento para solicitar información, servizos ou presentar suxestións ao Concello. A cifra consolida o alto nivel de atencións e servizos que dispensa esta área municipal, que se consolida como canle de comunicación e contacto entre a cidadanía e o Concello: suma un total de 206.553 persoas atendidas desde a súa posta en marcha, en abril de 2008.

Foto fachada Concello

O Excmo. Concello de Ourense, ten entre outras a misión de favorecer a Participación Cidadá a través das Asociacións de Veciños no ámbito de xestión municipal, aumentando e mellorando o fortalecemento dos medios propios das mesmas, así como, favorecendo a realización de actividades que suplan ou complementen a actuación do Concello de Ourense, nos barrios e pobos.