Obxectivos da comisión:
- Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa administración municipal; supervisar a actuación desta, propoñendo accións de mellora e ditaminar as queixas que de dirixan os veciños de conformidade co disposto no regulamento deste órgano.
- Recoñécenselle á comisión poderes para ordenar e facer cumprir a través do seu presidente, investigacións sobre o funcionamento dos servizos; inspeccións das distintas unidades administrativas; así como requirir a comparecencia de calquera persoa pertencente ó colectivo da administración municipal que puidera dar información relacionada có asunto a investigar.
- Tódolos órganos de goberno e da administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión de Suxestións e Reclamacións.
- No exercicio das súas funcións, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións aprobará e difundirá as recomendacións ou suxestións pertinentes, se ben non poderá modificar nin anular resolucións ou actos administrativos
Informe anual da Comisión
A Comisión de Suxestións e Reclamacións dará conta anualmente ao Pleno do Concello da xestión realizada nun informe que presentará perante o mesmo.
- Neste informe anual dará conta do número e tipoloxía das suxestións e reclamacións dirixidas á administración municipal, das queixas presentadas, así como das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con exposición das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.
- igualmente poderá avaliar o grao de cumprimento dos compromisos asumidos polo Concello en cartas de servizos ou de outros sistemas, así como formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ó cidadán.
- No informe anual nunca constarán os datos persoais dos implicados.
- O presidente da Comisión exporá un resumo do informe ante o Concello Pleno, podendo intervir os grupos municipais a efectos de fixar a súa posición.
- O informe será publicado.
A comisión poderá realizar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconselle.
Quén pode solicitar a súa actuación?
- Tódolos cidadáns teñen dereito a presentar suxestións e reclamacións á Administración Municipal. Presentaránse no Rexistro Xeral, sendo recepcionadas e tramitadas pola oficina de Participación Cidadá. Esta remitirá mensualmente un listado de reclamacións ou suxestións á comisión, especificando o servizo afectado, trámites realizados e solucións adoptadas.
- Cando un cidadán, transcorridos tres meses dende a presentación da suxestión ou reclamación non reciba contestación algunha ou cando a contestación non resultara satisfactoria, poderá dirixirse en queixa á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.
- A comisión estudará as queixas procedentes, adoptando as medidas pertinentes. En todo caso informaráse das súas actuacións ó interesado no prazo máximo de tres meses dende a súa recepción.