O Concello de Ourense convoca as subvencións que darán apoio ao traballo que desenvolven as asociacións veciñais na cidade. Desde mañá, venres 30 de agosto, até o 19 de setembro, as entidades poderán presentar as súas solicitudes. As subvencións teñen por obxecto apoiar o funcionamento e a realización de programas e/ou actividades veciñais que persigan, entre outras fins, a promoción da participación cidadá dentro do termo municipal de Ourense. Poderán solicitarse para actividades lúdicas, festivas, culturais e deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, colaboración e integración entre a veciñanza.
A contía das subvencións estará en función do custo dos programas e dos recursos cos que conte para cubrir estes parcialmente, sen superar o 75% do orzamento do proxecto nin os 3.000 € por solicitante.
As solicitudes presentaranse a través do tramite dispoñible na Sede electrónica municipal.
O extracto da convocatoria pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, e toda a documentación relativa a esta convocatoria está dispoñible na páxina web do Concello de Ourense.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño, 2, baixo, teléfono 988248890.
Documentos:
- Bases reguladoras de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a prol do asociacionismo veciñal e da participación cidadá (pdf)
- Convocatoria 2019 das subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a prol do asociacionismo veciñal e da participación cidadá (pdf)
- Acta da comisión de valoración (pdf)
- Decreto de resolución da subvención (pdf)