Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

La Molinera Kids organiza dous campamentos de verán dixitais relacionados co mundo da programación, divididos por temáticas e rangos de idade.

Así, nenas e nenos de todo Ourense poderán penetrarse na programación e no mundo dixital desde a comodidade do seu fogar. Conectamos aos participantes co monitor e os seus compañeiros nas nosas aulas virtuais estean onde estean, e a publicación dos seus traballos realizados para cada desafío semanal, de forma que a experiencia é única e personalizada.

Está divido en 2 quendas:

1º Quenda: dende o 13 o 17 de Xullo – Realidade Aumentada

2º Quenda: dende o 20 de Xullo o 24 de Xullo – Realidade Virtual

Realizarase en formato online a través da plataforma Skype. Os requisitos necesarios son os seguintes: ter un computador de sobremesa ou portátil equipado con altofalantes, micrófono e webcam, así como conexión estable a internet. Tamén é necesario dispoñer de PC con polo menos Windows 7 ou Mac con macOS 10.12.6. Linux non se pode usar para este campamento.

Os contidos emitiranse de luns a venres dende as 10:00 da mañá ata as 13:30 do mediodía.

Os usuarios/as de cada quenda dividiranse en 3 grupos por idades que terá o seu monitor: O primeiro grupo constará de 15 nenos/as con idades comprendidas entre 10 a 12 anos; o segundo grupo constará de 15 nenos/as con idades comprendidas entre 13 a 14 anos; o terceiro grupo constará de 15 nenos/as con idades comprendidas entre 15 a 16 anos

Prazo de inscrición. Dende o 3 de xullo ás 10:00 da mañá ata o 8 de xullo ás 12:00 do mediodía. Hai 90 prazas en total, que se cubrirán por orde de inscrición ata completar aforo. A inscrición realizarase mediante a páxina web de La Molinera

Como novidade, os asistentes participarán nun concurso de desafíos que presentarán da materia de realidade aumentada ou realidade virtual, dependendo da semana en que están rexistrados. Realizarase por grupos de tres membros, que se determinarán ao longo da semana.