Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense incorporará o día 15 de setembro os tres primeiros enxeñeiros informáticos do novo Centro de Intelixencia Artificial. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen reitera a súa aposta por un proxecto “clave” para o futuro da cidade. Os tres técnicos acompañarán ao director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri para avanzar na posta en marcha do novo proxecto que desenvolve o Concello de Ourense en La Molinera. A eles uniranse trinta técnicos máis que o Concello prevéñe incorporar ao centro antes de que reamte o ano.

“Queremos ser os mellores de España con este Centro de Intelixencia Artificial, unha disciplina pola que desde hai tempo apostamos como partido político de forma pioneira e que agora estamos facendo realidade”, explica o alcalde

A este respecto, subliña o rexedor, “temos unhas instalacións espectaculares, que son as de La Molinera, que estaban mal utilizadas e agora as estamos reconvertendo e temos traballando desde hai semanas como director do centro un dos mellores científicos deste país, David Olivieri”.

O día 15 de setembro incorporaranse os tres primeiros enxeñeiros informáticos que acompañarán a Olivieri na posta en marcha do centro. A eles se unirán outros trinta, a través dunha convocatoria que o Concello prevé lanzar no mes de outubro, coa finalidade de que os técnicos elixidos se incoporen ao centro no mes de decembro.

Os tres primeiros técnicos incorporaranse ao Concello como persoal eventual de confianza do alcalde. A este respecto, explica o rexedor: “dixen moitas veces que o persoal de confianza da Alcaldía non é estritamente asesoría, senón que fai diversos traballos, por iso quixemos contratar técnicos, neste caso enxeñeiros informáticos”. Con eles, o goberno municipal quere impulsar o proxecto que considera estratéxico para o futuro da cidade e que pretende axilizar para que canto antes sexa realidade.