Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

As axudas que o Concello de Ourense concederá aos autónomos que desenvolven a súa actividade na cidade manteñen o seu calendario e se aprobarán no actual mes de setembro.Asi o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo dunha xuntanza na Alcaldía con técnicos municipais para avanzar no desenvolvemento deste programa de apoio ao empresariado local.

“O calendario de axudas aos autónomos vai ben”, concluiu o alcalde, quen avanza que o goberno municipal prevé aprobalo este mes en xunta de goberno local, unha vez que as bases sexan fiscalizadas, e realizar a convocatoria das axudas no propio mes de setembre, para iniciar o seu pagamento de forma progresiva.

As axudas, lembrou o alcalde, chegarán a todos os autónomos que traballan na cidade, non só aos censados no municipio, senón a aqueles censados na provincia que realizan a súa actividade económica e profesional en Ourense.

O Concello de Ourense dispón dun montante de 20 millóns de euros para darlle apoio a este colectivo, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da covid-19. Esta cuantía foi aprobada xa polo Pleno do Concello, a través dunha modificación de crédito.