Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou para mañá venres unha xunta de goberno local na que aprobará as bases e a convocatoria das axudas para autónomos. Cun importe de 20 millóns de euros, esta liña de subvencións pretende impulsar a actividade económica da cidade e paliar os efectos negativos creados pola pandemia: os solicitantes que reúnan os requisitos poderán ser beneficiarios dun importe de 2.000 euros, que se realizarán nun único pagamento.

A xunta de goberno contén, ademais, outros 33 expedientes achegados por diferentes áreas municipais para a prestación de servizos básicos, caso da adxudicación do servizo de axuda no fogar, para a sinatura de convenios con entidades de axuda ás persoas drogodependentes -Comité Cidadán Antisida, ATOX e Proxecto Home-, e para a adxudicación de servizos diversos para o Concello de Ourense, caso da xestión dos visitantes do Parque de Montealegre, compra de materiais e renovación de contratos, ou o alleamento dun vehículo municipal Audi-A6.

Ademais, a xunta de goberno concederá 12 icenzas para obras de particulares -reformas en vivendas, instalación de ascensores para mellorar a accesibilidade aos edificios, etc.- e negocios da cidade.