Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense continúa, este venres 27, co ciclo de conferencias divulgativas sobre as súas aplicacións en diferentes campos do saber e da investigación. Desta vez, baixo o título "Presente, pasado e futuro”, a cargo do doutor Francisco Javier Díez, catedrático de Ciencia e IA polo centro da UNED en Madrid, abordará a forma en que usamos os datos e a información para tomar importantes decisións para el benestar das persoas.

Este seminario describirá os esforzos presentes e pasados da aplicación de algoritmos de IA na medicina, pero tamén ofrece ideas sobre como a IA cambiará esta ciencia a medio e longo prazo. Poderá seguirse en liña este venres desde as 12:00 horas a través da canle de vídeos do centro de IA.

  • "Presente, pasado e futuro"
    27 de novembro 2020, 12:00 horas

Impartida polo Dr. Francisco Javier Díez. Catedrático de ciencia de IA pola UNED.

Colaboración coa UNED

A charla deste venres inaugurará ademais unha serie de tres charlas en colaboración coa institución de ensino superior a distancia. Así, o vindeiro 4 de decembro, o catedrático en Linguaxes e Sistemas Informáticos, Julio Gonzalo Arroyo, falará do “Sesgo en Sistemas de avaliación". Unha semana despois, será o seu colega José Antonio Rodríguez Anaya o que imparta a charla “Ferramentas de IA en contornas”.

Máis información sobre esta charla e as vindeiras, no espazo web: intelixencia-artificial.ourense.gal