Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense iniciou hoxe os pagamentos das axudas que concede este anos aos autónomos da cidade para apoiar a súa actividade, que se viu fortemente afectado pola recesión ocasionada pola pandemia da COVID-19. Esta mañá, o Concello efectuou as primeiras transferencias bancarias de axudas desta convocatoria, por importe de 2.000 euros cada unha. Os pagamentos chegarán progresivamente a todas as persoas beneficiarias durante as próximas semanas.

O Concello recibiu un total de 4.569 solicitudes de axudas por parte de autónomos da cidade. De todas elas, remataron en propostas de concesión 3.967, o que representa o 86,8% de todas as recibidas. Outras 458 solicitudes foron remitidas á persoa solicitante para emenda (o 10%) e destas 130 xa foron emendadas e 328 aínda non o foron. As propostas de denegación son 78 (o 1,7%) do total e están nunha segunda comprobación 66 (1,4%).