Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense ingresou esta semana 1 millón de euros nas contas dos beneficiarios das axudas para autónomos afectados pola crise provocada pola pandemia da Covid19. As primeiras 500 persoas beneficiarias das axudas -de máis de 3.500 solicitudes aceptadas- xa dispoñen dos 2.000 euros na conta no momento de maior impacto da crise económica.Hai outros 7.000.000 euros decretados aprobados para o ingreso en conta dos beneficiarios, pagamentos que se irán producindo nas vindeiras semanas.

En total, o importe das axudas aceptadas alcanzará os 9 millóns de euros. Aínda quedan por contestar preto de 300 emendas, mentres que 150 das solicitudes foron definitivamente denegadas, ben por non pertencer ao Concello de Ourense, ben porque teñen débedas coa seguridade social.

A axilidade da tramitación está sendo posible grazas ao esforzo conxunto das áreas de Emprego, Intervención, Tesouraría e Sistemas de Información.

Estudo económico

A Concellería de Promoción económica está a realizar, ao tempo que tramita as axudas, un estudo por sectores e por barrios. Os resultados deste informe serán públicos, en aras dunha maior transparencia.