Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Por decreto do concelleiro delegado de Recursos Humanos núm. 2021003339, de 21 de abril de 2021, apróbanse as bases específicas e a convocatoria do procedemento selectivo para a confección de listaxes de candidaturas para o nomeamento de funcionariado interino que desempeñe o posto temporal de administrativo dentro da administración xeral do Concello de Ourense. As bases están dispoñibles no taboleiro de anuncios, na sede electrónica do Concello de Ourense e na páxina web www.ourense.gal

O prazo de presentación da solicitude será, de conformidade coa base oitava, de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica. É dicir, dos días 6 ao 25 de maio, ambos incluídos.

Máis información e tramitación de solicitudes desde o día 6 de maio aquí: Administrativos/as