Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Presentación Centro de Intelixencia Artificial

O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense bota a andar co reto de achegarlles beneficios socioeconómicos á cidade e á súa contorna, como centro tecnolóxico de excelencia enfocado a aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real.

Logo do centro de IA

O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense preséntase hoxe, mércores 28 de outubro, nun evento público que se poderá seguir en liña por streaming, aberto a todas as persoas que desexen coñecer o proxecto que pon en marcha o Concello de Ourense, e os servizos e liñas de traballo que desenvolverá.

Praza Maior

O Concello de Ourense estimulará o consumo no comercio e na hostalaría local cunha nova campaña de axudas o próximo ano 2021. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen proporá ao Pleno do Concello unha liña directa de axudas por un importe total de 5 millóns de euros, que terá como persoas destinatarias o conxunto da veciñanza da cidade. O proxecto no que traballa o goberno municipal prevé que cada veciño ou veciña de Ourense reciba un bono por importe de 50 euros, que poderá destinar exclusivamente ao consumo nos comercios e nos locais de hostalaría da cidade.

Cartel do webinar sobre GIS

A Concellería de Emprego do Concello de Ourense organiza 4 programas formativos en formato webinar. Están dedicados a:

  • Sistemas de información geográfica GVSIG. Comprensión e ferramentas en sistemas GIS
  • Catro claves estratéxicas para buscar traballo
  • Garantindo o éxito do teu proxecto maker
  • Ferramentas de creatividade e calidade

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través de Internet aquí:

 

Cartel das axudas

O Concello de Ourense publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia e nesta web as bases e a convocatoria das axudas que lle darán apoio aos autónomos da cidade para paliar os efectos da pandemia da COVID-19.

A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá as bases reguladoras e a convocatoria de axudas dirixidas ás persoas autónomas para impulsar a actividade económica en Ourense e paliar os efectos da COVID-19. O Concello dota a convocatoria cun orzamento total de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa beneficiaria.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou para mañá venres unha xunta de goberno local na que aprobará as bases e a convocatoria das axudas para autónomos. Cun importe de 20 millóns de euros, esta liña de subvencións pretende impulsar a actividade económica da cidade e paliar os efectos negativos creados pola pandemia.

O Centro de Intelixencia Artificial conta desde hoxe cos seus dous primeiros enxeñeiros informáticos. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá a toma de posesión de Édgar Figueiras e de Ignacio Abadín, dous científicos ourensáns.

Cartel das axudas

As bases das axudas que o Concello lles concederá aos autónomos xa están listas para a súa aprobación por parte da xunta de goberno local. O coordinador xeral do Concello, Francisco Cacharro, reformulou a redacción das bases nun novo documento que solventa a maioría dos reparos que a intervención municipal lle realizara á anterior redacción.

Cartel das axudas

As axudas que o Concello de Ourense concederá aos autónomos que desenvolven a súa actividade na cidade manteñen o seu calendario e se aprobarán no actual mes de setembro.