Promoción Económica, Industria e Emprego
Áreas
O Centro de Coñecemento “La Molinera” acollerá a posta en marcha de espazos coworking a través do proxecto “Go2Work”. Trátase dunha iniciativa concebida para emprendedores que se atopen constituíndo a súa empresa ou nunha fase moi temperá da súa posta en marcha (non superior aos 6 meses da súa constitución). O Espacio coworking é froito da colaboración entre a Escola de Organización Industrial EOI e a Diputación Provincial de Ourense, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Energía y Turismo e a Diputación Provincial de Ourense.
O Concello de Ourense facilita aos novos emprendedores un apoio integral, tanto no que se refere ao espazo de traballo, como á formación específica para a posta en marcha do proxecto empresarial. Ademáis, ofrecerá o respaldo de un mentor para axudar nos primeiros pasos da empresa.
Ao longo dos cinco meses que dura o proxecto “Go2Work”, as instalación de “La Molinera” permitirán aos novos empresarios non ter que se preocupar polo espazo físico do seu proxecto. En La Molinera non terán que facer fronte a gastos importantes no inicio da empresa como o aluguer dun local, o pago da luz e auga ou da limpeza.
O Centro do Coñecemento facilita as súas instalación, que contan con rede wifi, espazos común de traballo, salas de reunión e aulas.
Por outra banda o proxecto tamén facilita aos seus beneficiarios a axuda dun mentor para validar e poner en marcha o proxecto empresarial. Tamén ofrece a colaboración de especialistas en distintos eidos importantes á hora de por en marcha unha empresa, como a comunicación, as finanzas ou as ventas.
O terceiro eixe do programa “Go2Work” consiste nunha oferta no eido de formación a través de eventos e sesión especiais de networking, a presentación de proxectos, etc.
Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:
Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axudase aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:
Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. En elas se traballarán materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos de espazo coworking.
Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións con expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño de modelo de negocio, a súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que poidan aparecer no camiño.
Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir "best practices", contando coa experiencia de outros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como cerre á edición celebrarase o "Demo Day" durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.
O programa contará con catro convocatorias sucesivas, permitirán impulsar 22 proxectos de emprendedores, e o obxectivo é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos emprendedores.
Os emprendedores participarán no programa durante un periodo de 5 meses, durante o cal disporán 40 horas de tutoría personalizada e participarán nunha docena de actividades formativas sobre temas empresariais, algunhas delas aberta a calquera empresa local, para pechar a súa participación ca presentación pública do seu proxecto ante expertos e posibles inversores no DemoDay.