Promoción Económica, Industria e Emprego
Áreas
A Molinera é un Centro de Innovación Social Dixital que ten como obxectivo conectar á cidadanía con emprendedores, pemes, startups, empresas e administracións públicas pondo á súa disposición cursos, espazos e ferramentas tecnolóxicas.
O centro acolle accións formativas sobre informática básica e internet, edición e montaxe de vídeo, páxinas web, ofimática e charlas por videoconferencia, pero tamén actividades como o Espazo Coworking, para a creación de novos proxectos empresariais.
Para máis información: www.lamolinera.net