Promoción Económica, Industria e Emprego
Áreas
O Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real colaboran dende o pasado mes de abril na posta en marcha dun proxecto novidoso para as persoas que buscan un traballo: unha Lanzadeira de Emprego.
O obxectivo desde proyecto consiste en axudar a 25 persoas para adestrar novas técnicas para atopar un emprego en equipo, reforzar as súas competencias profesionais, mellorar a súa empregabilidade e achegarlles novas posibilidades que faciliten a súa inserción laboral.
Esta Lanzadeira está incluída nas 145 que Fundación Telefónica e Fundación Santa María La Real porán en marcha por todo o país a longo deste ano e que é un proxecto que conta coa colaboración e cofinanciación do Fondo Social Europeo.
A Lanzadeira de Emprego de Ourense arrincou integrada por 25 mozos de até 34 anos de idade que se atopaban en paro ou desempregados.
Os participantes neste proxecto non responden a un perfil formativo concreto, senón que participa tanto xente nova con estudos básicos; coma procedentes da Formación Profesional ou Bacharelato, ou que remataron diplomaturas ou licenciaturas universitarias.
Do mesmo xeito, ós participantes tampouco se lles esixe experiencia nun sector laboral determinado; senón que a participación está aberta a persoas con distintas traxectorias e procedentes de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia, e incluso con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.
Deste xeito, cada lanzadeira está integrada por un equipo moi heteroxéneo, coa idea de desterrar a competencia directa, e fomentar a cultura colaborativa. Os seus organizadores buscan perfís diferentes, que se complementen e que se axuden uns ós outros á hora de buscar un traballo, pero a través de novas técnicas e con novas ferramentas.
As 25 persoas seleccionadas, reúnense 4 días á semana no Centro de Iniciativas Empresariais. Nesas reunións levan a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, potencian a creación da súa marca persoal e a procura dun emprego 2.0. Entre as labouras que fan durante as clases destacan técnicas de adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.