Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Toma de posesión

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá no salón de plenos o acto de toma de posesión de David Olivieri Cechi como novo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza desta mañá nomear a David Olivieri Cechi como director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense.

Campamentos La Molinera

La Molinera Kids organiza dous campamentos de verán dixitais relacionados co mundo da programación, divididos por temáticas e rangos de idade.

Cartel das axudas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirma que as axudas a autónomos e ás pequenas e medianas empresas (pemes) faranse efectivas en setembro.

Cartel

O Concello de Ourense alenta a cultura emprendedora co ciclo de charlas por Internet “Ourense innova”, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica desde o centro municipal La Molinera. Profesionais de prestixio en diferentes ámbitos debullarán en seminarios a través da Internet (webinars) as claves da situación económica actual, o futuro do comercio e o turismo e propoñerán novas ideas e estratexias de empregabilidade para os novos tempos que se aveciñan.

Axudas a autónomos

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, anunciou o calendario das axudas a autónomos e pequeno comercio: a convocatoria publicarase no mes de xullo, período no que se abrirá o prazo de solicitude de entrega de documentación.

Imaxe da nova

O proceso para concretar a concesión de axudas, que serán de 2.000  euros e individuais, para autónomos, pemes e pequeno comercio, entra na  súa recta final, segundo anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O borrador das bases inclúe como requisito que os beneficiarios das mesmas sexan persoas físicas que veñan realizando de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo dentro do termo municipal de Ourense, sempre que o desempeño de dita actividade non estea suxeita a contrato de traballo pon ningunha empresa e figure dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), así coma no Imposto sobre Actividades Económicas, e se teña visto afectada pola crise da COVID-19, en función do Real Decreto de Alarma do Goberno Central.

Imaxe do Pleno municipal

O Concello mobilizará 50 millóns de euros en obras para reactivar a economía local. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na comparecencia en que o goberno municipal fixo balance das medidas adoptadas polo Concello desde o inicio da pandemia, e as que vai desenvolver para reactivar a economía da cidade e darlle apoio aos colectivos máis directamente afectados polas consecuencias da pandemia.

Imaxe da nova

O Concello aboaralles o pago de sete cotas aos autónomos ourensáns, correspondentes aos meses de xuño a decembro de 2020, ambos incluídos, para axudar mitigar os “graves prexuízos logo do cesamento da súa actividade”, segundo anunciou esta mesma mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. É unha das medidas que pretenden paliar os efectos negativos pola situación de alarma decretada polo virus COVID-19, despois de que se tomase a decisión de destinar 20 millóns de euros das arcas municipais. “Queremos asumir un compromiso de responsabilidade e solidariedade cos autónomos, o pequeno comercio e as pemes ourensás”, sentencia o rexedor.

Foto co texto da nova

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou esta mañá unha ampliación das axudas a autónomos e pequeno comercio, así como para reforzar as axudas sociais para as persoas e colectivos máis vulnerables, até os 20 millóns de euros, logo dos 10 anunciados o pasado 20 de marzo. O rexedor ten claro que “nestes momentos o que temos que facer é axudar as persoas e colectivos que se están vendo afectados de xeito especial pola situación de alarma debido ao COVID19”, dixo.