Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Fotos de impresoras 3D de La Molinera

Efectivos de Protección Civil do Concello de Ourense procederon á entrega dos primeiros equipos de protección individual (EPI)- viseiras protectoras-, algo máis de cen na xornada de onte, elaboradas polos voluntarios/as “maker” colaboradores do Centro de Coñecemento de La Molinera, para o cal dende o Concello se lles puxo á súa disposición impresoras 3D, así mesmo as bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas.

Fotos de impresoras 3D de La Molinera

O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento de La Molinera, está a colaborar na fabricación, en primeira instancia, dunhas máscaras protectoras EPI (equipos de protección individual) coas impresoras 3D e coas bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas. O obxectivo é facérllelas chegar aos particulares que as soliciten e, así, manter o illamento como establece el estado de alarma.

Xuntanza do goberno

O Concello de Ourense acordou nunha xuntanza mantida esta maña no salón de plenos, mobilizar 10 millóns de euros para axudar os autonómos, pemes, pequeno comercio e reforzar os servizos sociais afectados polo coronavirus. Farase a través de diferentes medidas, como pode nser a exención de taxas, así coma o aprazamento de impostos, unha vez se decidiu unha modificación dos prazos tributarios que estaban establecidos.

Foto da reunión

La Molinera acolleu hoxe a primeira reunión para perfilar as liñas económicas e os aspectos de organización e coordinación para a posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. No encontro participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes; o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García; o vicerreitor adxunto de Investigación e Transferencia da UNED, Julio González; o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, e o profesor da Universidade de Vigo David Olivieri.

Programación La Molinera

O Concello de Ourense organiza 18 novas actividades formativas de achegamento ás novas tecnoloxías para a cativada, a mocidade e as persoas adultas. As persoas interesadas poderán inscribirse desde mañá, mércores, día 5 de febreiro, no Espazo web de La Molinera

Os obradoiros tecnolóxicos para escolares organizados polo Concello no centro de coñecemento La Molinera chegarán mañá, venres, 13 de decembro ao seu remate cunha xornada de portas abertas Demo Day STEAM para darlle a oportunidade ás familias e á cidadanía en xeral de coñecer as actividades que alí se desenvolveron. O público que se achegue tamén terá a posibilidade de interactuar co robot R4 ou experimentar a realidade virtual. Desde o mes de outubro máis de 100 mozas e mozos entre 8 e 18 anos participaron en 10 obradoros tecnolóxicos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte, Matemáticas), cunha alta diversidade formativa, totalmente práctica, de 7 horas e media de duración, en 5 sesións. As temáticas foron realidade virtual, drons, realización dunha app, róbotica, facer o teu primeiro videoxogo, achegarse ao mundo Hacker, realizar xoguetes en 3D e interactuar coa Intelixencia artificial e robótica.

Sinatura do convenio

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o reitor da Universidade Española de Educación a Distancia, Ricardo Mairal Usón asinaron esta mañá o convenio polo que a UNED vai colaborar cientificamente no proxecto de posta en marcha dun Centro de Intelixencia Artificial na cidade de Ourense.

O Concello dá así “un paso de xigante para saír do atraso en que se atopan a nosa cidade e a nosa provincia”, manifestou o alcalde. “Estamos ante un cambio absoluto na tendencia da humanidade, a intelixencia artificial adentraranos nun mundo descoñecido que nos vai transformar, e non podemos esperar un segundo máis para estar á fronte dos cambios que se aveciñan”, asegurou Pérez Jácome tras asinar o convenio.

O alcalde subliñou a importancia de contar co apoio dunha entidade como a UNED, a maior universidade de España en número de alumnos e alumnas para avanzar no obxectivo do Concello: crear en Ourense o maior centro de Intelixencia Artificial de España

O Concello de Ourense publica a acta de constitución do grupo de traballo mixto entre a entidade Concello de Ourense e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a selección de persoal directivo, docente, apoio e o alumnado–traballador do obradoiro de emprego “ROTEIRO TERMAL DO MIÑO”, previstos nos artigos 10 e 11 da Orde do 17 de abril de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 88, do 17 de abril)

Casa do Concello

As Bases da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no Obradoiro dual de emprego “Xardín do Posío”, aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense de 29 de agosto de 2019, publícanse por espazo de 3 días hábiles, até o día 11 de setembro, inclusive.

Cartel do documental

O Centro municipal de coñecemento e innovación La Molinera acollerá pasado mañá, xoves, día 11 de xullo a proxección de “Teide, o xigante durmido”. Trátase dun documental de trinta minutos de duración dirixido por Pedro Felipe Acosta, un dos mellores documentalistas de natureza en España, coa produción executiva do Instituto Volcanolóxico de Canarias (INVOLCAN). A película verase na Molinera no marco do proxecto internacional GeoAtlantic, que lidera o Concello de Ourense. A proxección será ás 12:00 horas no centro municipal, sito na rúa Abrevadoiro. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse por correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.