Promoción Económica, Industria e Emprego
Áreas
Os Campamentos Tecnolóxicos Kids 2019 de La Molinera recibiron un total de 818 solicitudes para poder participar nalgunha das cinco actividades propostas ata agosto. A web do Concello (www.ourense.gal) publica os datos do sorteo realizado para escoller os apelidos dos beneficiarios de cada actividade. A través desta proposta, o Concello propón aos mozos e as mozas con idades entre os 8 e os 16 anos, empregar o seu tempo de lecer no verán para o seu enriquecemento persoal e vital. Os beneficiarios recibirán aprenderán dun xeito lúdico e práctico sobre Audiovisuais, Realidade Virtual, Arquitectura 3D, Drons e Videoxogos
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica no Centro de Innovación e Coñecemento La Molinera, organiza unha nova edición dos “Campamentos Tecnolóxicos de Verán La Molinera Kids 2019”, unha aposta municipal pola educación non formal. Estas actividades están destinadas a mozos e mozas entre 8 e 16 anos co obxectivo de que empreguen o seu tempo libre de verán participando nas actividades de carácter lúdico, cultural, tecnolóxico e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.
O centro de coñecemento La Molinera ofrece, durante o mes de maio, formación para o mundo da empresa a través da rede. A actividade estrela do programa é 'Progresa dixitalmente', unha actividade formativa baseada na rede social Facebook para persoas de entre 18 e 30 anos (terán prioridade as desempregadas) que desexen mellorar as súas competencias actuais ou adquirir novas ferramentas para o éxito profesional ou persoal dentro da economía dixital, e que se imparte por primeira vez en Galicia da man do Concello de Ourense.
A Aula CeMIT volve abrir o prazo para a inscrición nos obradoiros gratuítos que ofrece de maio a xullo para a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica. Emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, ofrece preto de 120 prazas repartidas en 6 cursos. Estes pretenden instruír a cidadanía en áreas coma a ofimática, o manexo de móbiles, o arranxo de impresoras 3-D, o deseño de blogs con Wordpress ou a e-Administración. As inscricións poden realizarse desde o venres 26 de abril, a través do espazo web La Molinera
A IV Lanzadeira de Emprego de Ourense comezou a funcionar o 21 de novembro de 2018 para axudar a unha vintena de persoas en desemprego a reactivar e optimizar a súa procura de traballo. Cinco meses despois, o programa chega ao seu fin con bos resultados, como puido comprobar hoxe o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, durante o encontro mantido cos participantes. “A Lanzadera foi unha aposta decidida deste equipo de goberno e xa é unha iniciativa consolidada e con nome propio das cidade”, asegura o edil.
O campamento tecnolóxico e interxeracional “Yes I Camp” ofrece a súa experiencia ao resto do mundo a través da web de La Molinera. Os 47 participantes nesta actividade, 30 maiores de 55 anos e o resto menores de 18, reciben os diplomas que acreditan que formaron parte deste proxecto de innovación aberto. O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, salienta importantes resultados acadados polo alumnado e confirma a súa intención de que esta actividade poida contar con máis edicións. Trátase da única iniciativa desenvolvida por unha administración pública que foi seleccionada pola Fundación COTEC para a Innovación, unha organización nacional sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promover a innovación como motor de desenvolvemento económico e social
O Centro municipal La Molinera organiza novas actividades para o mes de marzo, dirixidas a fomentar a creatividade e as novas tecnoloxías entre a cidadanía: Cursos na Aula CeMIT, obradoiros e encontros no Espazo de Talento e emprendemento persoal, actividades para a cativada no Espazo Kids e para persoas adultas no FabLab, xunto con eventos como a xornada sobre apoios públicos á creación de empresas do proxecto Xeoatlantic, entre outros
Toda a información en Actividades de La Molinera en marzo
La Molinera propón novas actividades infantís e interxeneracionais para difundir as novas tecnoloxías na cidade, con máis de 200 prazas gratuítas.
O Concello pon en marcha o programa de emprego xuvenil 'Ourense Activa', dotado cun orzamento de 1,2 millóns de euros e cofinanciado nun 92% polo Fondo Social Europeo. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou que “os alumnos farán itinerarios personalizados, con prácticas laborais; formación transversal en igualdade, idiomas e novas tecnoloxías; e terán a posibilidade de percibir unha bolsa de até 300 euros mensuais. Os beneficiarios obterán ao final do curso un Certificado de Profesionalidade de nivel dous ou tres, polo que deberán acreditar a formación necesaria para acceder. Os interesados en inscribirse nalgunha das cinco actividades formativas deberán dirixirse ao Centro de Iniciativas Empresariais (CIE), na rúa Padre Feijóo
O 23 de xaneiro abre o prazo para inscribirse en doce cursos gratuítos de informática da Aula CeMIT. As persoas interesadas poden inscribirse no espazo web de La Molinera, www.lamolinera.net; ou na web cemit.xunta.gal/centro/55. Os obradoiros son gratuítos, están dirixidos a persoas maiores de 16 anos e ofrecen, cada un deles, un total de 20 prazas. A formación permitirá mellorar as súas competencias en Tecnoloxía 4.0, Nova Empregabilidade, así coma no uso básico das novas redes en cuestións como realizar trámites oficiais ou compras a través de Internet.