Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Joan Cruz, Marta Menéndez, Jesús Vázquez e Jorge Pumar durante a presentación da nova acción formativa do proxecto Conecta Empleo

O Concello de Ourense e a Fundación Telefónica poñerán en marcha a finais de xaneiro a acción formativa “Big Data Business”, o segundo módulo do proxecto ‘Conecta Empleo’ que dende o pasado mes de novembro están a realizar ambas institucións para ofrecer formación en competencias dixitais e tecnolóxicas co gallo de facilitar a inclusión laboral dos ourensáns e ourensás neste novo nicho empresarial.

Entrega de xoguetes realizados na Molinera a Cruz Vermella.

O Concello de Ourense vén de entregarlle á Cruz Vermella un total de 350 xoguetes realizados nas impresoras 3D da Molinera dentro ca campaña “Fabricando Sorrisos 2018”, para que os Reis Magos tamén cheguen aos fogares dos nenos e nenas de familias con escasos recursos ou en risco de exclusión social.

Cartel Lanzadera

Fundación Santa María a Real, Fundación Telefónica e o Concello de Ourense renovan a súa colaboración para poñer en marcha a IV Lanzadeira de Emprego da cidade. Para iso, contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo POISES

Ourense +

O proxecto Ourense + para promover a cultura emprendedora verde entre o empresariado ourensano inicia dúas novas actividades tras o parón estival. Serán o curso “Emprende en verde, axudámoste”, a partires do 17 de setembro; e “Lánzate a vender no mundo dixital”, dende o 3 de outubro. Poderanse inscribir emprendedores, parados, traballadores por conta allea con proxectos propios ou autónomos que desexan desenvolver novos proxectos empresariais.

La Molinera

A Aula CeMIT abre o prazo, este martes 11 de setembro, para anotarse nos sete cursos gratuítos de alfabetización dixital. Artellados en tres grandes bloques (Súbete ás novas tecnoloxías, Fabricación dixital e Emprendedores), ofértanse sete cursos diferentes que van desde a iniciación ao corte láser grazas ao emprego de impresoras 3D. Anotarse é gratuíto, e pódese facer a través das webs www.lamolinera.net ou cemit.xunta.gal/centro/55.

Ourense +

O programa “O meu primeiro imposto” consta de cen horas de formación nas que se explicarán, entre outros aspectos, os trámites para crear unha empresa, coma traballar coa Administración electrónica ou cubrir os impostos. "Queremos realizar accións de este tipo, directas e efectivas, para que os emprendedores ourensáns teñan unha resposta inmediata e útil a tódalas súas dúbidas”, sinala o concelleiro de Promoción Jorge Pumar.

Fachada Concello

Dende hoxe día 29 de maio de 2018 ata o fin da selección do persoal do programa estarán expostas na web municipal a   Aprobación da convocatoria e das bases xerais específicas reguladoras da convocatoria urxente para a selección de 1 posto de interino de programa de carácter temporal “GeoAtlantic".

Documentos

Logotipo Ourense+

A páxina web do Concello publica dende hoxe, 24 de maio de 2018 ata o fin da selección do persoal as bases específicas e a convocatoria urxente para a selección de dos postos de interinos de programa de carácter temporal “OURENSE +”

Documentos

Fachada Concello

A páxina web do Concello publica dende hoxe, 24 de maio de 2018 ata o fin da selección do persoal as bases específicas e a convocatoria urxente para a selección de tres postos de interinos de programa de carácter temporal “OURENSE ACTIVA”

Documentos

Foto La Molinera

As inscricións deben realizarse a través do espazo web lamolinera.net ou no propio centro de coñecemento da rúa Abrevadoiro 1 (988.374.523)