Promoción Económica, Industria e Emprego
Áreas
A xornada “Enerxía xeotérmica” analizará este martes o potencial de Ourense para aproveitar ao máximo o seu potencial.
Ourense presentou no Instituto Volcanolóxico de Canarias, en Tenerife, a programación do proxecto Geoatlantic que lidera a cidade de As Burgas e do que forma parte, precisamente, este organismo tinerfeño.
Ourense, o único Concello elixido para o programa Emprega Verde, dentro da liña de fomento do autoemprego no sector ambiental. O proxecto Ourense + foi presentado aos axentes sociais, empresariais e ambientais da cidade nun acto que estivo presidido polo alcalde, Jesús Vázquez Abad, acompañado polo concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar
O centro de coñecemento e innovación La Molinera, centro público dependente da Concellería de Emprego do Concello de Ourense, rexistrou máis de 32.500 usuarios durante o ano 2017, un notable incremento -do 250%- sobre o ano anterior, no que houbo 13.000 usuarios.
O centro de coñecemento municipal La Molinera achegará a rapazada as máis novidosas ferramentas tecnolóxicas a través de oito obradoiros que se desenvolverán polas tardes os días de semana, no seu “Espazo Kids”.
A Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ven de aprobar a participación do proxecto Ourense +, promovido polo Concello de Ourense, dende la concellería de Promoción Económica, Emprego, Recursos Europeos e Formación Ocupacional, na convocatoria 2017 do Programa Empleaverde.
O Centro municipal La Molinera comeza o ano programando novas actividades de achegamento e aplicación das novas tecnoloxías, con 8 cursos que se desenvolverán entre xaneiro e marzo na Aula CeMIT. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a partir do mércores, 17 de xaneiro, a través da páxina web www.lamolinera.net
Este luns, 18 de decembro, ábrese o prazo de inscripcións para as xornadas de Nadal Minecraft en La Molinera
As obras de mellora comezarán o mércores 22 de novembro, e durante os vindeiros tres meses haberá cortes nas zonas afectadas, pero os peóns poderán transitar sen problema ningún.
O 8 de novembro finaliza o prazo para que persoas desempregadas de Ourense poidan apuntarse á próxima Lanzadeira de Emprego que funcionará na cidade.