Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O Concello de Ourense sitúase no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada de hoxe os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de anunciar novas restricións para o Concello de Ourense, igual que para o resto de grandes cidades galegas.

O Concello executará as obras de reforma e adaptación da canceira municipal. En xunta de goberno local desta mañá adxudicouse a contratación destas obras que, cun custe de de 179.500 euros -IVE incluído- e un prazo de execución de cinco meses, servirán para realizar unha reforma integral das instalacións, que crecerán no seu lado sur, e adaptalas á normativa vixente.

Convenio con Progape

A xunta de goberno local aprobou, na sesión celebrada esta mañá, un convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a asociación protectora de animais de Ourense, Progape, para a xestión do refuxio de animais abandonados, a recollida de animais abandonados ou errantes e o seu traslado ás instalacións do refuxio.

O Concello de Ourense, na actual situación de crise sanitaria, limitará o acceso aos cemiterios para a festividade de defuntos para minorar o risco de transmisión da COVID19.

Foto da xuntanza coa AECC

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a presidenta, María Isidora Gómez Segade, e representantes da Asociación Española contra o Cancro en Ourense.

Cartel coas medidas sanitarias

A Consellería de Sanidade acordou restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás.

Cartel da normativa

Á vista dos últimos datos de evolución da pandemia da COVID-19 na cidade, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou esta mañá prohibir as reunións de persoas non conviventes en calquera espazo interior ou exterior en Ourense. A Xunta mantén tamén as demais restricións sanitarias que xa estaban vixentes na cidade.

A nova orde da Consellería de Sanidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 200-Bis, limita os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Tampouco será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

Cartel con las restricciones sanitarias

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou limitar as xuntanzas públicas e privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro. Aínda que sexan tecnicamente viables, o rexedor dálle prioridade ás recomendacións sanitarias para evitar a expansión da COVID19.

Mapa do barrio do Couto

A Xunta de Galicia amplía a área con especiais restricións na cidade de Ourense.